Fío de Twitter publicado orixinalmente o 18 de febreiro do 2020
Na vista de que se popularizou o mapiña este do ABC sobre os "españoles con más enlaces en Wikipedia por provincia", cos seus 4 galegos fascistas, tomei a liberdade de comprobar o equivalente na Wikipedia galega no canto da española.
A comparación é ben curiosa.
De modo que o problema non estaba nos galegos senón na imaxe que os españois teñen dos galegos. Que sorpresa! Que inesperado! Quen podía prever tal cousa?
(Por se algún se vos despista, de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Rosalía de Castro, Francisco Fernández del Riego, Valentín Paz-Andrade e Vicente Risco)
Realmente o que mostra é o sesgo da Wikipedia española: só ten información extensa sobre Galiza naqueles temas que mais afecten a España. É lóxico que saian os homes mais españolistas e fascistas que criou a nosa terra.
Na nosa Wikipedia, a que arrasa é Rosalía
Tags: twitter