Coido que a forma máis simple de presentarme é cunha lista non ordenada de feitos:
- Coegho é o meu alcume de internet dende os tempos nos que usaba Yahoo Respostas (son vello)
- O desenvolvemento de videoxogos é a miña paixón
- A programación web, por outra banda, é o que me dá de comer
- Son aficionado ao rol, especialmente a probar sistemas de rol novos
- Son nacionalista e independentista, ou o que é o mesmo, aposto pola liberación nacional de Galiza e a caída do réxime imperialista español
- Son comunista, pois só coa fin do capitalismo poderá o meu povo ser verdadeiramente dono do seu destino
- Falo e escribo na miña lingua todo o tempo. Síntoo, non é negociábel
- Defendo o dereito de autodeterminación de Palestina🇵🇸, do Sahara Occidental🇪🇭 e do resto de nacións colonizadas
- Acredito na loita feminista como a vía para a liberación das mulleres e a construción dunha sociedade máis libre
- Na mesma liña, defendo a conquista de dereitos por parte do coletivo LGBT
- Opino que a resistencia violenta contra o fascismo está sempre xustificada
- A nivel xeopolítico, ante a dúbida: death to America
- Como podes observar, ás veces son innecesariamente edgy. É porque estou moi canso do mundo